Como facer un teatriño co conto de Xan Guindán
Nesta actividade propoñémosvos aproveitar unha caixa de zapatos vella para facer un teatriño no que representar o conto de Xan Guindán, incluído no apartado de Romances, parrafeos e outros cantos dialogados:
Para comezar, descargade aquí os personaxes do conto: Xan Guindán, Rosa e Carmela.
Cando os teñades, xa podedes empezar a darlles vida seguindo estes oito pasos:
Para facelo máis real podes debuxar diferentes decorados e mudalos conforme vaia transcorrendo a obra: o camiño cara a casa da nai de Xan, a porta da igrexa … E mesmo engadir algún elemento máis á escena coma un gallete na man de Rosa…