Recordos das vellas aulas, segunda parte.

Aquí tedes a segunda parte da tertulia arredor da escola na posguerra, protagonizada por veciñas de Cores e Nemeño, onde se fala e se reflexiona sobre temas como os materiais empregados, o talante do profesorado e da escola en xeral, o galego dentro da aula, a ideloxía transmitida ou a influencia da relixión naquela época.

Advertisements

Recordos das vellas aulas

O pasado xoves xuntámonos en Nemeño con María Castro, Amparo Romero, Carmen Ordóñez e Teresa Castro para falar acerca da escola nos seus tempos.

Estas catro mulleres son de distintas xeracións e a través dos seus testemuños imos achegarnos ao papel do ensino público nos anos 40, 50 e 60 do pasado século, ou cando menos á visión e á experiencia persoal que deste ensino gardan as nosas catro protagonistas.

Como a conversa foi animada e se estendeu ao longo de varias horas e de moi diferentes temas, imos partir o que deu de si en varias entregas para publicar sucesivamente. Agardamos que sexa do voso interese e aproveitamos para recordar que podedes contactar connosco para suxerir temas sobre os que interesase falar ou persoas que consideredes que sería de interese entrevistar.