Vellos contos da Trabe II

Titularamos desta mesma maneira unha das primeiras entradas do blog, durante o pasado verán. Daquela estiveramos gravando a Xoán Bermúdez na compaña de JM, ambos da Coral de Tella. Xoán contáranos sobre todo vellas historias de seu avó, o célebre Pepe do Gaiteiro, e aquela entrada foi unha das que máis visitas ten recibido ata o momento. Como sabiamos ademais que aínda quedaban contos no fol, e co grato recordo do ben que o pasaramos durante aquela mañá, durante o pasado Nadal volvemos por aló. Desta vez uníusenos ademais Paco Abella, criado na Trabe, a quen coñecemos no Couto unhas semanas antes e xa nos dera boa mostra das súas excelentes dotes de contador.
O repertorio de Paco inclúe lendas, memoria histórica e un variado repertorio de anécdotas de personaxes locais. De entre estas, un lugar preeminente ocúpano tres figuras da Trabe da súa infancia: o propio Pepe o Gaiteiro, don Constantino o da Rebotica e Pedro do Ferrador.
Iremos pondo outras mostras do que nos deixou este encontro, pero por hoxe deixámosvos cunha historia ben simpática e non exenta de ensinanzas, por máis que poida ferir algunhas sensibilidades. Confiamos que saberan escusarnos 😉