Quen é?

E seguimos coas adiviñas, para que non vos esquezades de nós mentres andamos á procura de novos informantes.

Aquí vos deixamos esta, cunha imaxe moi choqueira ademais, que nos contou Carme de Tallo.

Advertisements

Esperámosvos este xoves!!

O próximo xoves, ás 19.30 horas, comeza o acto de presentación pública do traballo realizado nestes últimos catro meses, que en boa medida puidestes ir seguindo a través deste blog. Son case unha trintena os e as informantes coas que tivemos o gusto de falar, máis de 60 entrevistas e arredor de 300 pezas que suman varias horas de gravacións. Este  xoves, a gran maioría deses informantes reuniranse para cantar e contar ao vivo ante todos e todas aquelas que queirades asistir.

As actuacións serán a ilustración viva do exposto por Antonio Reigosa na conferencia “Valores literarios e simbólicos do proxecto Ponte na fala”, que servirá de fío condutor ao acto. No remate, entregarase un recoñecemento ás persoas e entidades que coa súa xenerosidade contribuíron a que esta iniciativa se poida estar desenvolvendo.

O mesmo día, ás 11 de mañá, realizarase un obradoiro de arrolos, neste caso dirixido ao alumnado de 2-3 anos e os seus familiares da Escola Infantil Galiña Azul.

AGARDÁMOSVOS!!!