O raposo nos cantos de arrolar

O pasado venres volvemos por Corme para nos atopar de novo con Genoveva. Esta vez si que xa empezamos a meterlle o dente en serio ao seu caderno de literatura popular e volvemos para a casa cunha boa manchea de fermosas pezas.

A gravación que destacamos nesta entrada recolle unha serie de cantos de arrolar, unhas das pezas máis cobizadas e asemade difíciles de atopar. Cando preguntamos por cantos de arrolar, moitas veces vemos que, na realidade, calquera copla podía ser ser usada para esta función. Porén, cremos que non é o caso das que ides escoitar agora.

Veredes como en varias delas aparece a figura do raposo, o que nun principio podería facer pensar en coplas criadas nalgunha foliada, ou “panillada”, como lle chaman en Corme. Mais non parece ser o caso; segundo nos conta Genoveva, era moi habitual usar figuras coma a do raposo nos cantos de arrolar, pois servían para lles meter o medo no corpo aos nenos e nenas, e conseguir que adormentasen decontado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s