A furna dos encantos

Anunciabamos no anterior artigo a nosa chegada a Corme, e xa nos imos decatando de que aquí imos ter leria para tempo. Hoxe, por exemplo, pasamos unha moi agradable mañá na compaña de Suso Lista, o máis novo por agora dos nosos contadores e contadoras de historias.

A de hoxe foi máis ca nada unha primeira toma de contacto; máis ca realizar gravacións o que fixemos foi ir coñecendo algúns detalles da historia e, tamén, da particular idiosincrasia cormelá (ese cariño especial que lle teñen aos de Laxe, por exemplo). Mentres dabamos un paseo pola vila, Suso foinos explicando diferentes aspectos da relación desta co mar: desde o xeito en que marcaba os momentos de lecer e trasnadas da súa infancia ata o incriblemente elevado número de veciños que deixaron a vida nel.

Logo se ve que Suso gusta diso que uns chaman tradición oral e outros contos de vellos. Dinos ademais que apenas haberá un mes que morreu o señor que a el máis contos lle contaba. Seguramente ese señor levara consigo algunhas historias que xa ninguén máis saiba, pero polo menos nós demos con quen nos pode entregar aínda algunhas outras para este arquivo público da memoria de Ponteceso que é o Ponte na Fala.

Suso Lista na Furna do Osmo

Seguiremos falando con Suso pero, por hoxe, deixámosvos con esta gravación feita na Furna do Osmo, co mar soando ao fondo, na que podemos escoitar a definición cormelá deses coñecidos personaxes da fantasía popular que son os encantos. A descrición aparece adobiada ademais con algúns outros datos sobre os costumes da vila e, malia non se tratar propiamente dun conto,  o noso narrador non se priva tampouco contra o final de nos amosar as súas dotes de bo contador. Igual que lle dicimos a todos, esperemos poder convencelo para que participe nas xornadas finais de presentación do proxecto.

Unha opinión sobre “A furna dos encantos

  1. Pingback: Unha bisbarra con Encantos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s