O crime de Florencio

Antes de nada temos que darlle as gracias á Asociación Cultural San Xoán de Xornes, outra entidade máis que decide botar unha man para que este proxecto poida levarse a cabo. Foi a través delas que o pasado venres puidemos falar con Benigna, veciña de Xornes de Arriba, quen nos acolleu con absoluta amabilidade, ao igual que o resto das persoas coas que xa temos falado. Ademais, aturou co mellor humor que fósemos enredarlle unha tranquila tarde de venres e, aínda por riba, emocionounos co seu canto e o seu xeito de narrar.

En realidade pasa igual en cada nova sesión de gravación. Só cómpre non ter présas e ir deixando que se teza paseniño un aquel de confianza. Os contos, as lendas e as cantigas van abrollando de vagar, coma nítidas imaxes que axudan a ilustrar o relato dunha vida.

Así entendemos, por exemplo, por que Benigna recorda tan ben esas longas pezas que nos entregou. Recórdaas porque de nena unha das súas paixóns era escoitar os cegos cantar na feira de Carballo, e que súa nai lle comprase esas “historias” para poder lelas logo mentres chamaba as vacas ou atendía calquera outro labor. A través do seu relato entendemos perfectamente a paixón que Benigna sentiu toda a vida polo canto e as historias.

Tras estar gravando, Benigna acompañounos na procura das malvas que tamén buscaba o protagonista dun dos seus contos

Ademais de recitados, coplas e algún conto, Benigna botounos tres cantares de cego, ou historias, como se coñecen por aquí. Dúas delas están en galego e son de temática humorística e algo picaronas, mentres que na terceira, en castelán, os diálogos van representando un terrible crime. Escollemos esta última para o artigo porque naquel momento notamos claramente como Benigna se deixaba levar pola emoción e nola transmitía a nós. Xa sabedes que a gravación non vai facer xustiza, pero esperamos que coa axuda da filla e a neta, deamos convencido a Benigna para que participe na xornada de presentación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s